Crebinsky


As choivas torrenciais provocan a enchente do río, que inunda un pobo. A corrente arrastra ós irmáns Crebinsky e a súa vaca, que aparecen milagrosamente vivos nun lugar da costa.
Imagen de la seccion de Sinopsis
Crecen alí, ao pé dun faro, a base de sobrevivir recollendo cousas que trae o mar, as crebas.
Illados dos acontecementos bélicos que lles rodean, crean o seu propio mundo: Un universo particular de realismo fantasioso.
O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka, vese alterado cando esta desaparece.

É entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ó interior.

Unha road movie auténtica, unha viaxe interior de encontros inesperados, sentimentos ocultos e recordos borrados.

Sen saber onde van, rematan descubrindo de onde veñen.
"ILLADOS DOS
ACONTECEMENTOS
BÉLICOS QUE OS
RODEAN" 





crebinsky.com
Making of del rodaje de la película Crebinsky.
Crebinsky film making of.
Making of da rodaxe da película Crebinsky.